Presentación oral |
B13 C2 C4 |
Asistir á preparación, asistir ó Congreso, defender oralmente a comunicación. |
10 |
Darase o máximo número de Matrículas de Honra legalmente permitido. En caso de non poder celebrarse o Congreso, a súa cualificación acrecerá a dos informes. No caso dos alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, non se valorará negativamente a súa
falta de asistencia a clase, aínda que quedan obrigados a presentar os
informes e realizar os exames nas mesmas condicións que os alumnos a
tempo completo. Como regra, rexe o mesmo sistema de avaliación na segunda oportunidade, especialmente no relativo aos exámenes. Seguindo as instruccións das autoridades académicas competentes,
lembramos dunha banda, en caso de plaxio, que a actividade en cuestión non será
avaliada; e doutra banda, que a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa (o estudante será cualificado con “suspenso” [nota numérica 0] na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda, e para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario).
|