Para superar a materia é necesario acadar unha puntuación mínima do 50%.
Na segunda oportunidade realizarase únicamente unha proba obxectiva, non pudiéndose recuperar a parte da cualificación correspondente á avaliación continua.
Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia que non foro avaliados da parte de prácticas a través de TIC, poderán realizar unha proba específica para recuperar o 50% da nota desta parte; a proba obxetiva representará o 50% da cualificación final.
Por último, seguendo o Regulamento disciplinar do estudantado da UDC, a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso (nota numérica "0") na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeria oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primerira oportunidade se fose necesario.