Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
 Asignaturas
  Deseño de proxectos e traballos de investigación
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesorado dos aspectos fundamentais da materia. As exposicións complementaranse co uso de medios audiovisuais, lecturas e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos/ás estudantes. O material das sesións maxistrais porase a disposición na plataforma virtual da materia para o alumnado en liña e presencial. Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado.
Investigación (Proxecto de investigación) O alumnado levará a cabo unha investigación grupal que consista no deseño dunha investigación, e centrarase na aplicación de ferramentas e técnicas de análisis para a diagnosis dunha realidade social. Despois dunha primeira fase de identificación do tema/problemática e as técnicas a emplear, que se fará na asignatura de "Deseño de proxectos e traballos de investigacion", na materia "Taller de Actualización e Transferencia" levarase a cabo a investigación complementándoo co feito previamente. Trátase dun traballo acompañado e dirixido que realizarase en gran parte na aula.
Aprendizaxe servizo Proposta educativa que combina procesos de aprendizaxe e de servizo á comunidade nun só proxecto onde o alumnado aprende a traballar sobre necesidades reais da contorna co fin de mellorala. Ten unha tripla intencionalidade: pedagóxica, solidaria e reflexiva.
En colaboración con Arquitectura sen Fronteiras, no curso 23-24, os proxectos da asignatura terán como fío condutor a reivindicación dun hábitat digno e coidador. Tomando o barrio de Agra de Orzán como contexto sobre o que investigar, os grupos de estudantes deseñarán os seus proxectos sobre temáticas relacionadas, realizarán un diagnóstico participativo en colaboración coa veciñanza, e idearán propostas transformadoras que faciliten os coidados no espazo urbano.
Presentación oral A presentación oral e exposición e argumentación dos traballos realizados é unha parte básica e moi importante do proceso formativo. Polo tanto, o alumnado ao finalizar a asignatura realizará unha breve exposición do traballo realizado, resaltando as partes máis importantes e significativas da exposición realizada.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes