Proba obxectiva |
Para o alumnado que NON ASISTIRÁ Á CLASE nun 80%, terá que:
Elaborar un traballo encomendado polo profesor que terá que presentar e defender oralmente. E realizar os casos prácticos referenciados en Moodle que se desenvolveron durante o curso.
Tanto para o traballo como para os casos valorarase a profundidade do contido, a linguaxe adecuada ao contexto xurídico, o uso de fontes documentais complementarias e actuais, así como a presentación e claridade da exposición. |
Obradoiro |
Encárgase ao alumnado de realizar traballos e resolver casos prácticos. Esta actividade, tal e como se indica, pode realizarse individualmente ou en grupos de traballo. Así mesmo, require a exposición oral dos traballos e casos prácticos seguida dun debate na aula. Todo isto co apoio e supervisión do profesor. Valorarase a profundidade dos contidos, a linguaxe adecuada ao contexto xurídico, o uso de fontes documentais complementarias e actuais, así como a presentación e claridade na exposición. |