Sobre a metodoloxía A materia está deseñada en atención á distribución do tempo de traballo
establecido no plano de estudos, que á súa vez está inspirado no crédito
transferible europeo (ECTS) e nas liñas xerais da Declaración de Bolonia. Neste
contexto, as responsabilidades académicas van máis aló de simplemente asistir
ás aulas. O traballo non termina cando sae da aula e/ou finaliza a sesión
telemática, e non todo o traballo se realiza na Facultade. O plano de estudos
está deseñado para ter unha combinación de traballo presencial de 50 horas e
100 horas adicionais de traballo non presencial; estas últimas son o tempo que
un estudante promedio debe adicar ás súas tarefas persoais (lecturas,
preparación de notas e, naturalmente, tempo de estudo) e para prepara-las
actividades que se programan ó longo do cuadrimestre (busca de información, análise de documentos,
prácticas baseadas en TIC, etc.). As sesións presenciais adicaranse
principalmente a discuti-los aspectos teóricos
básicos da materia, coordina-lo traballo do grupo, resolver dúbidas xerais e
desenvolver actividades prácticas e interactivas. Partindo deste traballo
común, prográmase o traballo individual que cada estudante debe desenvolver
para as seguintes sesións, coa orientación e o apoio dos seus profesores cando
sexa necesario. Cumprimento da normativa sanitaria
A participación nas actividades presenciais require
inescusablemente o estrito cumprimento das indicacións das autoridades sanitarias.
Atenderanse as instrucións e/ou adaptacións que poidan recibirse, na medida en
que afecten á organización da materia. |