Prácticas a través de TIC |
A4 A5 A9 A11 A16 A19 A20 A21 A23 A24 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B14 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Durante o curso valorarase o traballo e resultados do alumnado de forma continuada a través de boletíns de exercicios entregables, probas, participación en clase, etc.
|
15 |
Solución de problemas |
A1 A5 A16 A20 A24 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B9 C1 C3 C5 C6 C7 C8 |
Avaliarase a calidade dos resultados propostos para a resolución de varios problemas, aplicando os contidos aprendidos durante as sesións maxistrais. |
25 |
A)
NORMATIVA DE AVALIACIÓN:
Para
superar a materia é preciso aprobar o Traballo tutelado e Proba mixta
(isto é, acadar, polo menos, o 50% da puntuación máxima de cada
proba). De non acadar esta puntuación mínima nalgunha das probas, a
cualificación que aparecerá nas actas será, como máximo, un 4.0. - Condicións de avaliación: Está prohibido acceder á aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.
- Identificación do estudante: O/a estudante ten que acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.
- Plaxio: O plaxio parcial ou total suporá un 0 na avaliación de dita entrega ou proba.
B) TIPOS DE CALIFICACIÓN:
- Calificación de non presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.
- Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: as normas para a avaliación do traballo, solución de problemas e da proba mixta serán as mesmas que para o caso xeral. Porén, ao non poder acceder á avaliación continua das prácticas a través das TIC, para este alumnado establecerase un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
C) OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN: - Primera oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación anteriormente indicados nesta sección.
- Segunda oportunidade:
- De non superar o traballo tutelado na 1ª oportunidade, o alumnado poderá presentalo na 2ª oportunidade, nas datas de entrega que se establecerán durante o curso e se publicarán na web da materia no Campus Virtual.
- O/a alumno/a que o solicite será avaliado das prácticas a través das TIC, por escrito, nas datas previstas oficialmente para a proba mixta.
- O/a alumno/a poderá presentar as Solución de problemas nas datas de entrega que se establecerán durante o curso e se publicarán na web da materia no Campus Virtual.
- O/a alumno/a poderase presentar ao traballo final ou á proba mixta no caso de que non superase a nota mínima esixida.
- As avaliacións acadadas na 1º oportunidade gardaranse até a 2º oportunidade.
- Convocatoria adiantada: O alumnado será avaliado en todos os casos das catro partes por escrito. Así, para aprobar, deberá superar a proba mixta e o exame escrito para avaliar os conceptos correspondentes ao traballo tutelado. Tamén se fará un exame para avaliar os conceptos e exercicios relacionado coa solución de problemas e as prácticas a través das TIC.
D) REALIZACIÓN FRAUDULENTA DAS PROBAS E/OU ACTIVIDADES:
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario
|