Normativa de avaliación:
- Para superar a materia, débese obter como mínimo 50 puntos dos 100 totais.
- Está prohibido acceder á aula do exame/probas con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou a almacenaxe de información.
- É preciso que cada alumno que desexe realizar as probas se identifique correctamente co DNI na aula na que se realiza a proba.
- Cualificación de Non Presentado: a cualificación de non presentado corresponde ao estudante cando só participe en actividades que teñan unha ponderación igual ou inferior ao 30% sobre a cualificación final, con independencia da cualifición acadada.
- Dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba final, para as restantes actividades acordarase ao inicio do curso un calendario específico compatible coa súa dedicación, sempre e cando ese calendario estea integrado na franxa horaria lectiva da clase desta materia. O estudante que se atope nestas circunstancias debe poñerse en contacto co docente vía correo electrónico antes do 05 de outubro de 2023.
- Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: para a segunda oportunidade e para a convocatoria adiantada, mantéñense as cualificacións da avaliación continua (obradoiros, traballo e presentación oral), obtidas no primeiro cuadrimestre e engádese a nota do xame da segunda oportunidade ou da adiantada, segundo corresponda. Porén, se o desexa, o/a estudante pode substituír a cualificación da avaliación continua (obradoiros, traballo e presentación oral =70% da nota) pola realización de dúas probas complementarias ao exame: unha sobre o contido dalgunha das lecturas traballadas nos obradoiros (35% da nota final) e outra sobre a análise dun cadro ou gráfico relacionado cos contidos desenvoltos na clase (35% de la nota final). De optar por esta segunda posibilidade, a nota obteida substituirá en todo caso (sexa superior ou inferior) á cualificación obtida no curso na parte da avaliación continua.
- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.
Outras observacións e recomendacións:
O alumnado debe consultar obrigatoria e frecuentemente a plataforma virtual da materia (moodle), onde se colocará a información máis relevante da mesma. Amais, os estudantes deben ter actualizada a súa foto de perfil en moodle a fin de facilitar a súa correcta identificación.
Recoméndase a asistencia dende o primeiro día.
Nas primeiras semanas, comunicarase ao estudantado o calendario de obradoiros e defensa dos traballos.
Aqueles alumnos que non poidan asistir ás probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos certificados correspondentes para os supostos contemplados pola normativa académica -caso de enfermidade ou accidente, por exemplo-), poderán realizar a mesma noutra ocasión en que se comunicadas tendo en conta o disposto na normativa académica
A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia solicitarase en formato pdf a través da plataforma Moodle nas condicións que o profesorado indicará ao comezo do curso.