Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia
universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia
(usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e
influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e
igualdade.
Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e
proporanse accións e medidas para corrixilas. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir cos
obxectivos estratéxicos do Plan Green Campus da Facultade de Fisioterapia, os
traballos documentais que se realicen nesta materia poderanse solicitar tanto
en formato papel como virtual ou soporte informático. De realizarse en papel,
seguiranse na medida do posible as seguintes recomendacións xerais: - Non se utilizarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de
borradores. |