Traballos tutelados |
A20 A21 A24 A27 C1 C3 C4 C6 |
Nada que engadir ao que dixemos no apartado de «Metodoloxía». |
90 |
– Instrucións para o alumnado ordinario - A modalidade de avaliación Obradoiro + Traballos tutelados require a asistencia ao 80 % das horas lectivas. O/a estudante que incumpra esta condición deberá someterse a unha proba final que terá lugar en data e hora fixadas no calendario oficial do Mestrado.
- As actividades —tanto as presenciais como as que se leven a cabo fóra do horario lectivo— poderán ser de autoría grupal ou individual, segundo o determine o profesorado.
- Os/as estudantes con dispensa deben dar a coñecer a súa situación ao profesorado ao longo da primeira semana de clase (ou, se non fose posible, nun prazo non superior a 7 días a contar dende a data de concesión).
- A modalidade de avaliación Obradoiro + Traballos tutelados require a realización —de xeito individual— de todas as tarefas que se propoñan ao longo do curso, e a súa entrega nas datas que fixe o/a docente. De non entregaren nas datas sinaladas, os/as estudantes deberán someterse á proba final, da que dependerá o 100 % da súa cualificación.
– Instrucións para a totalidade do alumnado- Os traballos entregaranse sempre por vía telemática.
|