1.- Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumprir cos obxectivos estratéxicos 1 e 2 do "V Plan de Acción del Programa
Green Campus (2023-2025)", os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Na súa maioría se solicitarán
en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre
cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a impresión de
borradores. 2.- A docente responsable
resérvase a posibilidade de realizar algún cambio na avaliación ou outros
aspectos que serán notificados aos estudantes coa suficiente antelación. 3.- Durante o período lectivo da
materia, e sen que supoña unha alteración na asistencia do alumnado a outras
actividades académicas, poderán programarse seminarios ou obradoiros de
carácter optativo para afondar en certos contidos e técnicas moi específicas
que complementan o desenvolvemento da materia.
4.- Segundo se
recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria
deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non
sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a
intervención en clase de alumnos e alumnas...).
Traballarase
para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na
contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
Deberanse
detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións
e medidas para corrixilas. |