Guía DocenteCurso 2023/24
Facultade de Turismo
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Turismo (a distancia)
 Asignaturas
  Primeiro Idioma Moderno I: Inglés
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A13 A15 A16 A24 A29 A33 A35 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 As tarefas enviadas para a evaluación continua serán a combinación de calquera das que se relacionan máis abaixo:
Lecturas comprensivas, redaccións de temas do curso (p. ex. a planificación e reserva de viaxes), traduccións e descripcións.


20
Proba oral A1 A13 A15 A16 A24 A29 A33 A35 B1 B3 B4 B6 B7 C2 C3 C4 C6 C7 O examen oral constará de duas partes:

Parte 1: entrevista de traballo (10%)

Parte 2: presentación oral dun dos temas vistos no curso(10%)
20
Proba obxectiva A1 A6 A13 A15 A16 A24 A29 A33 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 A proba escrita consistirá nunha proba de revisión dos contidos globais da materia ó
final do cuadrimestre. Será unha proba presencial que representa o 60% da nota final.
Os contidos da proba poden abarcan exercicios de distinta natureza (traducción,
preguntas cortas ou tipo test, exercicios de completar) e contidos poden ser tanto de
gramática como vocabulario especializado, lectura comprensiva ou redacción
60
 
Observacións avaliación

Todos
os/as estudantes deberán participar obrigatoria e activamente nas clases
presenciais, xa que se conciben como un recurso co que fomentar a súa
implicación na adquisición e asimilación dos contidos.


OPORTUNIDADE

Os estudantes DEBEN aprobar (50%) todas e cada unha das seccións de
avaliación (proba obxectiva, obradoiro e as dúas seccións da proba oral)
para superar a asignatura tanto na primeira como na segunda oportunidade.

DISPENSA
ACADÉMICA

O/A alumno/a
que teña dispensa académica recoñecida será evaluado/a seguindo as mesmas
indicaciones que figuran no apartado da primeira oportunidade. O/A alumno/a
terá que poñerse en contacto co/coa profesor/a tan pronto como teña concedida a
dispensa.

2ª OPORTUNIDADE

Na segunda
oportunidade os alumnos serán avaliados do seguinte xeito: 60%
exame escrito, 20% exame oral e 20% traballos de evaluación continua dos
temas do curso. Se os alumnos superaron algunha destas partes, ben sexa o
exame escrito, os traballos do curso ou a parte oral na primeira
oportunidade, as súas notas manteranse na segunda oportunidade. 

Os estudantes deberán recuperar aqueles apartados da materia nos que non obtivesen unha cualificación de aprobado ou aos que non se presentaron. 

Isto é válido  para as dúas oportunidades correspondentes ao presente curso académico.

Os/As
alumnos da oportunidade adiantada 
terán que realizar un exame escrito
(60%) e unha proba oral (40%).

Calificación
de NON PRESENTADO/A


Só se obterá a
cualificación de NON PRESENTADO/A se non se participou en
ningunha das actividades e tarefas que constitúen a avaliación da materia.

Implicacións
da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación:
 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria
en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a
estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria
correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na
primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á
diversidade:

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas
encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de
aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar,
nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre
académico, cos servizos dispoñíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á
Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/);
no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Turismo.




Perspectiva de Xénero:

Segundo se recolle nas distintas normativasde
aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectivade
xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografíade
autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos
ealumnas...). Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. Deberanse detectar situacións de discriminación por
razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes