Para os alumnos con matrícula ordinaria as porcentaxes serán
de 50% para a proba obxectiva e de 50% para a presentación oral e ás lecturas.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, concedida oficialmente pola UDC
segundo a súa normativa, poderá facer os traballos obrigatorios non
presenciais, e facelos chegar ao profesor para á súa avaliación. Neste caso, o
exame, que será específico para estes alumnos, terá un valor do 80% da
cualificación e os traballo tutelas un 20%. Para que as porcentaxes entren en funcionamento en necesario ter obtido un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha duas partes. Caso de non ser así no expediente aparecerá a calificacion da parte suspensa.
En todos os casos, para que as porcentaxes entren en
funcionamento é necesario obter polo menos un cinco (5) en cada unha das
partes. No caso de suspender unha delas a materia quedará suspensa e indicarase
como cualificación final a obtida na parte que non fose aprobada, xa sexa
Avaliación Continua ou Proba Obxectiva. No caso de producirse a entrega de
traballos, pero non acudir á realización da proba obxectiva, a cualificación
será de Non Presentado.
A avaliación será igual na primeira e na segunda
oportunidade
En caso de convocarse a oportunidade adiantada, a proba
obxectiva suporá o 100% da cualificación
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que
precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física,
visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental).
De ser o caso, deberán contactar cos servizos dispoñíbeis na UDC/no Centro: nos
prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuadrimestre académico,
coa Unidade de Atención á Diversidade
(https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa titora ADI
da Facultade de Turismo.
Implicacións da fraude académica na realización das probas
ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou
actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a
cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto
da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso”
(nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a
comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para
isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira
oportunidade, se fose necesario.