Guía DocenteCurso Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol |
Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica |
Asignaturas |
Vibracións e ruídos |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Vibracións e ruídos | Código | 730G05031 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A16 B2 B4 B6 C1 C4 C6 C7 | A puntuación asignada ao traballo tutelado suporá un máximo dun 30 % da nota final do alumno. A súa realización é obligatoria para superar a asignatura. Poderá esixirse a defensa oral do mesmo fronte ó profesor da asignatura. Nese caso, a cualificación da defensa oral será dun 5 %, mentres que a do traballo tutelado será do 25 %. Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a materia, tanto no traballo como na posible defensa oral. |
30 |
Proba mixta | A16 B2 B6 C4 C7 | Realización do exame teórico/práctico dos contidos da asignatura, puidendo incluírse tanto cuestións teóricas como prácticas, desenvolvidas ao longo do curso. A puntuación desta proba supoñerá un máximo do 70 % da nota final do alumno. Será necesario obter unha puntuación mínima de 4 puntos sobre un máximo de 10 para superar a materia |
70 |
Observacións avaliación | |||
Se o alumnado non supera a proba mixta na primeira oportunidade, a nota correspondente ao traballo tutelado manterase para a segunda oportunidade. Ademais, na segunda oportunidade, poderase presentar o traballo tutelado, se non se presentou con anterioridade. Para aquel alumnado que desexe presentarse á convocatoria adiantada a nota da proba mixta terá un peso do 100%, e non será necesaria a presentación do traballo tutelado. Dado que a asistencia ás clases non se evalúa dentro da asignatura, os requisitos que aquel alumnado con dispensa de asistencia a clase terá que cumprir, tanto en primeira como en segunda oportunidade e na adiantada, serán os mesmos requisitos que aqueles sen esta dispensa, con excepción de non ser necesaria a realización da presentación oral do traballo tutelado. Con todo, na data do exame correspondente, estes alumnos deberán responder a unha serie de preguntas sobre o traballo tutelado, que contabilizarán cun 5 % do total. A realización fraudulenta das probas ou actividades de evaluación, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario. |
|