Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Psicopedagoxía
 Asignaturas
  Inclusión educativa e práctica psicopedagóxica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario B4 B2 Serán tomadas en conta na avaliación:

a)A participación activa do alumnado nos diferentes temas de debate. As aportacións realizadas nas que se pon de manifesto a consulta dos materiais proporcionados ou de pesquisa persoal.
b)A elaboración e análise de casos e a aportación creativa e informada na súa análise e nas propostas educativas de acción pedagóxica
20
Estudo de casos A7 B2 B4 B8 C4 C7 O estudo de casos terá como obxectivo analizar distintas situacións que se deben abordar dende a práctica docente que afectan directamente á inclusión ou exclusión do alumnado e que poden derivar tanto de prácticas específicas das escolas como das medidas estruturais do sistema educativo e social. En torno a estas situacións ou casos, iránse vencellando todos os contidos da materia. O traballo poderá ser individual ou en equipo. A estrutura de traballo será:
1. Descrición detallada dunha situación.
2. Identificación das posibles causas que a orixinan e formulación de hipóteses de traballo, que estarán fundamentadas tanto con referencias bibliográficas como con referentes normativos e lexislativos.
3. Propostas de cambios para a superación ou prevención das barreiras á inclusión educativa no marco do Deseño Universal de Aprendizaxe.
4. Identificación do impacto das acción derivadas do macrosistema social e educativo nas prácticas específicas de cada centro/aula.
50
Simulación A12 B4 C4 Cada equipo de forma autónoma, seleccionará un tópico, un tema que consideran que pode estar de actualidade na práctica psicopedagóxica, por ser unha barreira para a inclusión do alumnado. Esta simulación reproducirase na aula mediante unha dramatización ou un video. Consta dos seguintes apartados: presentación da situación problemática, simulación da abordaxe e búsqueda de solución do equipo docente/DO/distintos axentes da comunidade educativa e realización dunha proposta adaptada á situación. 30
 
Observacións avaliación

O alumnado con recoñecemento oficial de dedicación a tempo parcial e
dispensa académica de exención de asistencia, deberá acudir a titorías
para fixar as sesións interactivas e expositivas nas que poderá estar
presente co fin de determinar os traballos sustitutorios, se fose o
caso. Nesta titoría será informado do procedemento de avaliación que
será o que resulte máis acaído en función da súa presencia/ausencia nas
sesións interactivas. De ser o caso, o alumnado poderá realizar
individualmente os traballos que sustitúen a súa participación no
seminario. En calquera caso debe realizar a proba de ensaio. As porcentaxes na avaliación son as mesmas que no grupo xeral. As condicións son idénticas na primeira e segunda
oportunidade.

Recoméndase
enviar os traballos telematicamente e, de non ser posible, non utilizar
plásticos, elixir a impresión a dobre cara, empregar papel reciclado e evitar
imprimir borradores.

Débese facer
un uso sustentable dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o
medio natural.Débese ter
en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da
sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

En xeral, tanto para valorar os traballos, como a participación nos debates e o exame final terase en conta:
•    a utilización do coñecimento disponível;
•    a comprenson das ideias básicas desenvolvidas;
•    o domínio conceptual;
•    a elaboración de ideias;
•    a capacidade para relacionar ideias;
•    a profundidade nas análises e na sua fundamentación;
•    a capacidade crítica, e
•    o estilo próprio e a claridade expositiva de esquemas e do seu desenvolvimento.

Seguirase a normativa universitaria no que  respecta á 
perspectiva de xénero no  desenvolvemento da materia . Recoméndase utilizar linguaxe non sexista
nos traballos académicos e citación xusta nas referencias
bibliográficas dos mesmos.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes