Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Avanzados en Museos, Arquivos e Bibliotecas
 Asignaturas
  Patrimonio Cultural e Museoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Investigación (Proxecto de investigación) A1 A2 A3 A8 B1 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B12 C1 C2 C3 C4 C5 C9 C10 Traballo individual principal do curso, consistente na análise de casos a través dos contidos e as metodoloxías académicas vistas na aula. 60
Discusión dirixida A1 A2 A8 A10 B1 B2 B4 C1 C2 C3 Preparación e celebración dun debate conxunto por equipos e a asunción de diferentes roles na discusión. 20
Saídas de campo A1 A2 A4 A5 B1 B2 B12 C10 Reflexión individual do alumnado sobre a saída de campo. 20
 
Observacións avaliación

Aqueles/as alumnos /as que teñan algún tipo de excepcionalidade para vir a clase legalmente concedida, que falen co/a pofesor/a á comezos de curso para establecer as titorías e os sistemas de avaliación correspondentes.

Avaliarase toda proba realizada individualmente ou en grupo tanto na aula como fóra.

Cada parte da avaliación deberá superar 50% da nota para poder facer o cómputo final


As probas non realizadas puntúan como cero.


A calificación de "no presentado" corresponde ao alumnado que non participase en ningunha proba da avaliación.

Avaliación extraordinaria: nesta avaliación, o traballo de investigación computará 100%.

Implicacións da fraude académica na realización das probas ou actividades de avaliación: a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Atención á diversidade: a materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar, nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, cos servizos dispoñíbeis na UDC, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes