Guía DocenteCurso
Facultade de Humanidades e Documentación
Guía Provisional
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Relacións Internacionais
 Asignaturas
  Etica da Globalización e Dereitos Humanos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Obradoiro A7 A10 A11 B2 B7 C4 Presentación (descrición e avaliación crítica) colectiva dun tema estudado en profundidade 20
Estudo de casos A7 A10 A11 B2 C4 Participación oral individual na deliberación conxunta dun tema, amosando coñecemento, comprensión e capacidade de avaliación crítica. 40
Proba obxectiva A3 A7 A11 Avaliación do coñecemento e comprensión dos contidos impartidos nas sesións maxistrais e na análise documental 40
 
Observacións avaliación

.Como aprobar o curso

Para aprobar a materia os alumnos deberán acadar 5 puntos. Non se require ningún mínimo nin para os obradoiros nin para a proba obxectiva.

Plaxio ou fraude académico

O comportamento fraudulento do alumnado nas actividades de avaliación, e en particular o plaxio, dará lugar a unha cualificación de 0 (suspenso) na oportunidade correspondente.

Criterios de avaliación da 2a oportunidade

Na segunda oportunidade, a proba obxectiva (50%) terá a mesma estrutura que na primeira oportunidade. O obradoiro (50%) avaliarase mediante a entrega de dous traballo, un por cada tema do curso, e unha breve discusión oral cos profesores de todos os obradoiros propostos para o curso, previsto antes da data da proba obxectiva.

Dedicación a tempo parcial e exención de asistencia a clase

Todos os aspectos relacionados con “dispensa académica”, “dedicación ao estudo”, “permanencia” e “fraude académica” rexeranse de acordo coa normativa académica vixente da UDC.

Equivalencia na Universidade de Vigo

Ao se tratar dunha titulación interuniversitaria do SUG impartida conxuntamente coa Universidade de Vigo, descríbense as diferentes denominacións das metodoloxías e probas da avaliación na dita Universidade:

Traballo dirixido (ensaio): 20%

Proba(s) periódica(s): 40%

Traballo dirixido (casos): 40%

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes