Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Física 2
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Durante as sesións maxistrais traballaránse os contidos do tema que corresponda utilizando formatos diferentes (exposición de contidos teóricos, resolución de problemas, plantexamento de cuestións e exemplos xerais, test online...) facendo fincapé no máis relevante para o/a estudante, e en aqueles aspectos de máis dificultade. O/a alumno/a poderá preguntar todas as cuestión que se lle plantexen durante o deservolvemento da sesión. Nestas sesións tamén se realizarán as probas puntuables correspondentes a cada tema.
Solución de problemas Clase práctica na que se plantexaran e resolverán problemas relacionados cos temas do programa que terán que resolver os estudantes baixo a supervisión da profesora, individualmente ou en grupos. Incluiranse nestas clases actividades que impliquen a participación das alumnas e alumnos, como poden ser saídas ó encerado, entrega de traballos ou exercicios...que contribuirán á avaliación continua. Desta maneira o profesor pode observar as dificultades de comprensión que cada alumno presenta na resolución de problemas.
Prácticas de laboratorio O alumno realizará prácticas de laboratorio para a aplicación dos coñecementos adquiridos nas sesións maxistrais e de resolución de problemas. Con esta metodoloxía adquiren as habilidades propias dun laboratorio de Física, que inclúe o manexo de instrumentos de medida e o tratamento e análise de datos de propiedades e magnitudes físicas. Disporán do guión da práctica e do material necesario para a súa montaxe e realización, estando atendidos en todo momento polo profesor.
Proba mixta Son as proba para a avaliación dos coñecementos que permite á profesora a valoración do nivel de aprendizaxe do estudante.
Realizaránse probas de avaliación continua e proba final.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes