Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Inorgánica 1
   Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Prácticas de laboratorio
Descrición
A metodoloxía de ensino proposta está baseada no traballo do estudante, que se converte no principal responsable do seu proceso educativo. Para que este obteña o óptimo rendemento do seu esforzo é de extrema importancia que exista unha elevada atención personalizada, co fin de guiar o estudante neste proceso. A través da interacción cos alumnos e das diferentes actividades de avaliación, o profesor determinará ata que punto o estudante está a alcanzar os obxectivos propostos e decidirá cando este precisa de atención personalizada a través de titorías individuais.
Polo tanto, periodicamente o profesor convocará os alumnos a titorías, que se celebrarán nos horarios máis convenientes para cada estudante, coa intención de que estes reciban a necesaria orientación.
Obviamente e a parte destas titorías propostas polo profesor, o estudante pode acudir a titoría, a petición propia, cantas veces desexe, no horario que lle resulte conveniente.
Ademáis do dito en xeral para todos os alumnos, oseguimento das actividades propostas para os estudantes en réximen de estudos a tempo parcial se realizará mediante atención personalizada.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes