Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química, Información e Sociedade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A16 A21 A24 A25 B3 B6 C4 C5 C6 C7 C8 Exame final que inclúe preguntas tipo test, de resposta breve e de ensaio. 33
Traballos tutelados A16 A18 A21 A23 A24 A28 B2 B3 B5 B7 C5 C6 A avaliación levarase a cabo tendo en conta os seguintes aspectos:
- Participación e espíritu crítico demostrado polo alumno ao longo dos debates plantexados na aula.
- Capacidade de síntese, razoamento, etc. reflectido nos traballos presentados.
34
Proba práctica A16 B2 B3 C3 A avaliación terá en conta a precisión e habilidade na percura de información en bases de datos bibliográficas, con unha serie de exercicios propostos a reaizar no aula de Informática. 33
 
Observacións avaliación

Para superar a materia hai dous requisitos básicos:

1) Asistencia regular a tódalas actividades avaliables; os seminarios e as sesións de traballo tutelado
son de asistencia obrigada, agás para os alumnos con dedicación parcial ou dispensa de
asistencia, tal como se indica máis abaixo.

2) Acadar unha cualificación mínima de 4,5 (sobre 10) en cada unha das actividades avaliadas.  De non acadar a devandita puntuación mínima nalgunha desas actividades, a cualificación final será de Suspenso (4,0). Para aprobar a materia a cualificación total non poderá ser inferior a 5 (sobre 10).

O alumno terá a cualificación de Non Presentado cando participe en
actividades que sumen menos do 33% da cualificación total.

Só as cualificacións obtidas nos seminarios e traballos tutelados poden conservarse para a segunda oportunidade, si superan a mínima de 4,5 citada previamente. Se algunha destas dúas probas non acadara ese mínimo, terá que repetirse. A
programación concreta destas probas para a segunda oportunidade depende do número de alumnos convocados, e faráse pública ao rematar a
primeira.

A cualificación da proba mixta obtida na segunda oportunidade substituirá á da primeira.

Os alumnos avaliados na segunda oportunidade solo poderán optar a
Matrícula de Honra se o número máximo destas para o curso non se
esgotaron na primeira.

Non se conservará ningunha nota dun curso a outro. Nos seguintes cursos académicos o proceso de ensinanza-aprendizaxe,
incluida a avaliación, iníciase de novo, o que implica que o alumno
que non supere a materia neste curso deberá realizar todas as
actividades programadas para o novo curso.

No caso de alumnos con dedicación parcial, as exixencias de asistencia obrigatoria son as mesmas que para os alumnos de matrícula normal, excepto que solicitasen dispensa de asistencia (aplicaráse neste caso o párrafo seguinte).

No caso de alumnos con dispensa de asistencia, agás a proba mixta que é de obrigada asistencia, tódalas outras actividades avaliables poden ser levadas a cabo online, mesmo as prácticas de percura nas bases de datos, e cualificadas do mesmo xeito que se foran presenciais, polo que non é preciso un protocolo específico.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes