Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Enxeñaría Química
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A11 A19 A20 B2 B5 C2 C3 Puntuásese o traballo realizado no laboratorio e o informe final 15
Sesión maxistral A11 A15 A25 B2 C3 Participación en clase e resolución de exercicios. 10
Proba mixta A11 A15 A25 B2 Exame escrito (teoría e/ou problemas) 75
 
Observacións avaliación

- Puntuárase o traballo realizado no laboratorio e a memoria na que se recollan os resultados obtidos, correspondente ao tratamento de datos, e conclusións: 20% da nota final. - Puntuárase a participación activa nas actividades presenciais (alumnos con dedicación a tempo completo) e a resolución de exercicios propostos polo profesor durante o curso: 20% da nota final. Para os alumnos con dedicación a tempo parcial, puntuara a resolución e entrega de exercicios no plazo establedio polo profesor (20% da nota final) - Exame final: 60% da nota final. - A cualificación global obterase da suma dos apartados anteriormente descritos. Outorgarase a cualificación de non presentado a aquel alumno que non se presenta ao exame escrito final. - Para aprobar, o alumno debera obter como mínimo un 5 (sobre 10) no exame escrito/final. Figurará como suspensa (4.9) nos casos en que a media sexa superior a 5, pero a cualificación no exame final sexa inferior a 5. Figurará
tamen como suspensa no caso de non haber entregado os exercicios resoltos
(grupos reducidos). - Á hora de conceder as matrículas de honra premiásese aos alumnos que conseguisen a máxima nota na primeira oportunidade de avaliación. Na segunda oportunidade, manterase a nota obtida no traballo e a memoria das prácticas de laboratorio (20% da nota final), asi como a asistencia/participación (alumnos con dedicación a tempo completo) e entrega de exercicios (20% da nota final) e repetirase o exámen escrito que representará o 60% da nota final. Polo que respecta aos sucesivos cursos académicos, o proceso ensino-aprendizaxe, incluídas as avaliacións, é refire a un curso académico e por tanto volve comezar cun novo curso académico, incluíndo todas as actvidades e procedementos de avaliación que se programen para dito curso.

A realización e entrega de exercicios ("grupos reducidos") é obrigatoria.

Segunda oportunidade do curso: as notas obtidas polo alumno en cada unha das probas, salvo na proba obxectiva (examen escrito), durante o curso académico mantendrase para o cálculo da nota na seguinte oportunidade e coa mesma porcentaxe que a que se aplica na primeira oportunidade (xaneiro). É dicir que a proba objectiva, tanto para a primeira como para a 2dá oportunidade do curso, puntuase un 60% da nota final total.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes