Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Nanociencia e Nanotecnoloxía
 Asignaturas
  Cinética e Catálise
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A1 A2 A3 A7 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C7 C8 Proba escrita para responder a cuestións teóricas e resolver exercicios relacionados cos contidos das clases teóricas, seminarios e prácticas. 80
Prácticas de laboratorio B2 B3 B4 B5 C1 C2 C7 C8 Na avaliación desta actividade téñense en conta o traballo de laboratorio e a Memoria de Resultados. 10
Proba de resposta múltiple A1 A2 A3 A7 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C7 C8 Proba de opción múltiple 10
 
Observacións avaliación
-A asistencia ás prácticas e a entrega da Memoria, son requisitos imprescindibles para superar a materia

-Para superar a materia será necesario obter unha nota non inferior a 4,5 sobre 10 na proba mixta e acadar, sumando as cualificacións de todas as actividades, unha nota mínima de 5,0.

-Se non se acadara a nota mínima da proba mixta final, a materia figurará como suspensa, aínda que a media das cualificacións obtidas nas distintas metodoloxías sexa superior a 5 (sobre un máximo de 10), en cuxo caso a nota final outorgada será de 4,5.

-A cualificación de matrícula outórgase preferentemente na primeira oportunidade.

-Na segunda oportunidade repetirase a proba mixta e manterase a cualificación do resto de actividades.

-A cualificación de non presentado concederáselles aos que non se presenten á proba mixta.

-O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia que non poida asistir aos seminarios, poderá ter asignados diferentes traballos/problemas ao longo do curso para ser expostos en horario de titoría.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes