Lecturas |
O desenvolvemento do pensamento crítico e da aprendizaxe autónoma aconsellan que o estudo estea baseado nunha reflexión directa dos estudantes a partir da lectura de textos clásicos e contemporáneos, así como textos normativos -lexislativos e xurisprudenciais-, referidos a parte dos contidos temáticos da materia.
Esta actividade relaciónase coas competencias A4, A6, A10, B1, B3, B4 e C6. |
Seminario |
Os seminarios celebraranse en grupos reducidos para analizar e debater as cuestións referidas á teoría da xustiza indicadas no tema 7.
Esixen participación activa dos estudantes, quen deberán expor e analizar críticamente os textos e as cuestións obxecto de cada sesión.
Serven para dearrollar as habilidades argumentativas, orais e escritas, e para desenvolver un pensamento sistemático, creativo e crítico.
Esta metodoloxía relaciónase coas competencias A4, A5, A8, A10, B3, B6, C1, C4 e C6. |
Proba oral |
Serán obxecto de avaliación mediante este tipo de proba os contidos de sesións maxistrais, incluíndo as lecturas relacionadas coas diversas cuestións do temario.
Esta actividade relaciónase coas competencias B1, B3, C1 e C6. |