Guía DocenteCurso Facultade de Dereito |
Grao en Dereito |
Asignaturas |
Aproximación cinematográfica ao dereito |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2020/21 | |||||||||||||
Asignatura | Aproximación cinematográfica ao dereito | Código | 612G01045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Portafolios do alumno | A1 A2 A3 A4 A9 B7 B1 B2 B3 B5 | Valoraranse de 0 a 10 puntos e se terá en conta entre outros aspectos, a presentación, a expresión, o razoamento crítico e a capacidade de persuasión. O alumno deberá ter unha nota media entre os comentarios e actividades feitas de 5 puntos para superar a materia. | 80 |
Discusión dirixida | A8 A10 A12 B8 B12 C1 C4 C6 C7 | Valoraranse as intervencións dos alumnos ante as cuestións que plantexen os profesores no comentario posterior á proxección da película | 20 |
Observacións avaliación | |||
A avaliación será de carácter continuo. A nota final do alumno determinarase sobre a seguinte base 1. Asistencia e participación na clase. Para poder superar a materia pedirase un mínimo de asistencia ao 80% das sesións: o menos 7 das 9 sesións programadas. O incumprimento desta esixencia presupón que o alumno opta por non presentarse a materia. Tendo presente ademais que a materia é presencial, establécese que aqueles alumnos que non acaden o mínimo do 80 % de asistencia ao longo do curso non poderán presentarse a segunda oportunidade de xullo. 2. Portafolio do alumno cos comentarios de tódalas películas proxectadas no curso. Valoraranse de 0 a 10 puntos e se terá en conta entre outros aspectos, a presentación, a expresión, o razoamento crítico e a capacidade de persuasión. O alumno deberá ter unha nota media entre os comentarios e actividades feitas de 5 puntos para superar a materia. A media farase sempre cas 10 mellores calificacións. No caso de que un alumno asista a unha sesión e non entregue o preceptivo traballo ou o entregue fora de prazo, entenderase que a súa nota é de 0 a efectos de calcular a media. Desta forma, a asistencia computará a efectos das esixencias mínimas de presencialidade de cara ao cálculo da nota media e para precisar a posibilidade de acceder á segunda oportunidade de xullo. O alumno que non asista a unha sesión, sen motivo xustificado, pero entregue o traballo terá a nota de Non Presentado a sesión e o traballo non se lle puntuará. Desta forma, a ausencia do alumno a esa sesión tense en conta a hora de calcular a asistencia mínima para superar a esixencia da presencialidade mínima dun 80%. Contrariamente, no caso de que exista unha causa xustificada para a ausencia en algunha das sesións, o alumno poderá facer igualmente o traballo da sesión á que non puido asistir. Para elo precisa xustificar documentalmente a ausencia e entregar o traballo no prazo establecido para todos os alumnos, esto é, na sesión seguinte. Esa nota computará a tódolos efectos na media. No caso de que se xustifique a falta e non se entregue traballo procederase de xeito ordinario, esto é, entenderase que a súa nota é de 0 a efectos de calcular a media. Desta forma, a ausencia xustificada computará a efectos das esixencias mínimas de presencialidade de cara ao cálculo da nota media e para precisar a posibilidade de acceder as convocatorias de setembro e decembro. Os alumnos que, cumprido o requisito de asistencia mínima, non superen o 5 poderán presentarse na segunda oportunidade de xullo. Para superar a materia os alumnos han de presentar os traballos que lle falten ou que estean suspensos, coas mesmas condicións de contido impostas durante o curso. Esa nota será sumada a obtida ao longo do curso e así obterase unha nova media. Actividades voluntarias. As actividades voluntarias, individuais ou de grupo, serán tomadas en consideración para subir a nota do alumno. Estas actividades ofreceranse polo docente de cada sesión cando este o considere procedente. |
|