Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Estudos Ingleses Avanzados e as súas Aplicacións (2019)
 Asignaturas
  Manifestacións artísticas e literarias dos países de fala inglesa
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A10 A12 A13 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B9 B10 B11 B12 B13 B14 B15
Hai dúas opcións diferentes para este proxecto final individual:

1. Escribir unha reseña / crítica sobre o campo / xénero / ferramenta analítica da écfrase.

2. Escribir unha comunicación para un congreso sobre a conexión ekfrástica entre, por exemplo, unha novela e un cadro, ou usando a écfrase como ferramenta para unha lectura crítica dun texto determinado.

En calquera caso, o traballo debería ser de 8 a 10 páxinas, a espazo dobre, con fonte Times New Roman 12 e adherirse ao estilo de citación MLA.

Entregarase na data oficial asignada para o exame final.

50
Obradoiro A12 A13 B4 B6 B9 B11 B12 Teranse en conta a participación activa e as aportacións a cada discusión de clase, debate ou actividade. Polo tanto, a preparación do material asignado antes da clase é esencial.

Tamén se lle pedirá ao alumnado que dirixa na clase a discusión sobre textos literarios e visuais previamente seleccionados, así como que realicen unha presentación sobre artigos críticos. As datas de estas dúas actividades decidirase co alumnado ao arrancar esta materia.
50
 
Observacións avaliación
<div><ul>
  • Aquel(a) estudiante que non leve a cabo o
    traballo tutelado ou non teña realizado traballo igual ou superior ao 50% do
    resto das categorías de avaliación acadará a cualificación de NP (<b>"Non Presentado"</b>).
  • </ul><ul>
  • A <b>oportunidade de avaliación en xullo</b> constará de dous apartados:&nbsp;
  • </ul></div><blockquote><div>1) o traballo tutelado (co mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na primeira oportunidade) e que computará o 50% da nota;&nbsp;</div><div>2) as actividades sustitutivas do traballo de clase que computarán o 50% restante da nota. Dependendo da parte que teña que "recuperar" cada estudiante, daranse indicacións sobre temas e tipos de actividades. Un/ha estudiante que deba entregar en xullo traballo equivalente a todo este apartado (é dicir, 50% da súa nota) deberá completar un traballo de recensión e unha análise literaria.</div></blockquote><blockquote>Deberanse entregar ambas compoñentes, á máis tardar, antes das 14 horas da data oficial do exame final da materia.&nbsp;</blockquote><div><ul>
  • Dado
    o carácter semi-presencial do título, a asistencia é obrigatoria, salvo
    <b>dispensa </b>solicitada en tempo e forma e concedida pola Comisión Académica
    Universitaria do título, e sempre respetando as normativas de asistencia a
    clase das tres universidades participantes no título, así como os sistemas de
    avaliación que figuran expresamente nas guías docentes das diferentes materias,
    e sen prexuízo das consecuencias que poida ter para a súa avaliación final a
    ausencia a determinadas sesións presenciais.

    Quen teña concedida a dispensa académica, e como establece a Normativa
    de permanencia da universidade, será avaliad@ seguindo os criterios aplicables á
    convocatoria de xullo. &nbsp;
  • </ul><ul>
  • Os alumnos que se presentan á <b>convocatoria adiantada de decembro</b> avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.
  • </ul><ul>
  • O <b>plaxio </b>en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.&nbsp;O profesorado poderá usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado.
  • </ul><ul>
  • Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos.
  • </ul></div>
    Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes