Guía DocenteCurso
Facultade de Filoloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Lingüística Aplicada (2013)
 Asignaturas
  Recursos bibliográficos e xéneros científicos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dos traballos e exercicios a desenvolver polo estudante. Son 5 horas presenciais.
O curso iniciarase cunha sesión presencial en que o profesor describirá os contidos, a planificación, a metodoloxía docente e o sistema de avaliación da materia e resolverá todas as dúbidas que lle formule o alumnado en relación con estas cuestións.
Prácticas a través de TIC Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvolveranse con equipamento especializado nunha aula informática. As actividades, prácticas e exercicios suman 24 horas: 7 horas presenciais e 17 non presenciais.
Lecturas Para o seguimento da materia e a preparación das discusións, haberá textos de lectura obrigatoria cada semana. Ás lecturas dedicaranse 6 horas de traballo autónomo non presenciais.
Traballos tutelados Cada estudante, de maneira individual ou en grupo, elaborará un documento sobre a temática da materia ou preparará un seminario en que se expoñerán e debaterán as investigacións e lecturas levadas a cabo. Son 20 horas de traballo fóra da aula máis 1 hora na aula.
Presentación oral Exposición ou presentación oral por parte do alumnado dalgún dos temas ou prácticas que se traten no curso. Poden ser as lecturas semanais de textos previamente escollidos e dispostos para o aprofundamento e discusión académica dos temas do programa. O tempo requirido será de 2 horas presenciais e 10 horas de preparación fóra da aula.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes