Workbook |
Conxunto de referencias bibliográficas concretas (seccións de manuais, capítulos de libros, artigos, etc) seleccionados pola profesora para a preparación dos distintos contados da materia |
Workshop |
Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado. |
Supervised projects |
O alumnado terá que presentar por escrito e expoñer oralmente un traballo individual ou en grupo pequeno na data que se acorde. Os obxectivos, características, material de apoio e formato de presentación do traballo serán explicados na aula ao comezo do curso. |
Mixed objective/subjective test |
Probas que integran preguntas abertas e preguntas obxectivas de resposta breve ou múltiple. Poderanse facer ao longo do curso ou nunha única proba final na data oficial proposta pola Facultade (esto último será obrigatorio no caso de que non se superen as probas mixtas feitas durante o curso). |