Teaching GuideTerm
Faculty of Philology
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios
 Asignaturas
  Literatura Poscolonial
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A1 A2 A11 A15 B7 B8 C4 C6 C7 Valoraranse actividades feitas na clase (individuais e en grupo, orais e escritas), que poden incluír, entre outras, respostas ás lecturas asignadas, resumos, análises, aportacións aos debates e discusións de clase. 20
Proba de ensaio A9 B1 B2 B3 B6 Cada estudante redactará dous textos escritos (un a mediados do cuadrimestre, o outro cara o final) sobre as novelas estudadas nos grupos pequenos. (As datas especificaranse ao principio do cuadrimestre). Na valoración destas probas valorarase en particular a capacidade do/a estudante para a comprensión crítica dos textos e conceptos vistos na clase así como a súa competencia lingüística en inglés. 40
Proba mixta A3 A6 A7 A9 A11 A15 A16 A17 C2 O exame final poderá incluír preguntas breves (ex., identificación /análise de citas, definicións de termos clave, etc.), así como preguntas máis longas e complexas. 40
 
Observacións avaliación

• Para aprobar a materia a/o estudante debe obter unha nota de 5 (ou superior) a 10 despois de sumar todos os compoñentes da avaliación. Adicionalmente, non se superará a materia a menos que se obteña unha nota mínima de 4 sobre 10 no exame final. 

• A segunda oportunidade de avaliación en xullo consistirá nas seguintes seccións:

1) un exame escrito similar ao final de xuño (40%);
2) un ensaio crítico (40%);
3) preguntas escritas adicionais que substituirán a sección “Discusión dirixida” da primeira oportunidade (20%).

• Obterase unha calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%.

• O alumnado que se presenta á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo.

• O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase do mesmo xeito que o especificado para a oportunidade de xullo.

• O profesorado pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo do alumnado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade.

• Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI na dirección de email adi@udc.es.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes