Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Técnicas Estadísticas (Plan 2019)
 Asignaturas
  Tecnoloxías de Xestión de Datos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesións expositivas nas que presentarán conceptos e/ou procedementos, proporcionando información básica necesaria para comprender unha perspectiva teórica ou un procedemento práctico, promovendo a participación dos alumnos.
Prácticas de laboratorio Sesións interactivas de prácticas de laboratorio (laboratorio de informática) ou resolución de problemas, onde os profesores apoiarán e supervisarán a posta en práctica dos coñecementos adquiridos polos estudantes.
Solución de problemas Traballo persoal dos alumnos na realización de exercicios prácticos e resolución de problemas a partir das clases expositivas e das prácticas de laboratorio.
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todos os compoñentes do grupo.
Traballos tutelados Actividades de aprendizaxe autónoma, nas que os profesores guiarán a realización de traballos individuais ou en pequenos grupos de alumnos.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes