Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Arquitectura do Software
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases maxistrais de exposición de nocións e conceptos teóricos empregando diferentes recursos: pizarra, proxección de material en formato electrónico, apuntes en formato electrónico e recursos facilitados pola docente da asignatura na plataforma virtual (Moodle).
Análise de fontes documentais Lectura e comprensión por parte do estudantado de diferentes recursos proporcionados, ben encamiñados a favorecer o seguemento das sesións maxistrais, a documentar o debate virtual, ou ben destinados a axudar na realización de prácticas e traballos tutelados.
Prácticas de laboratorio Prácticas deseñadas pola docente da asignatura nas que o estudantado poida poñer en práctica os coñecementos a medida que os van adquirindo, de cara ao reforzo dos mesmos. Estas prácticas levaranse a cabo en grupos de tamaño por determinar, en función do número de estudantes matriculados.
Traballos tutelados Traballos propostos pola docente da asignatura e desenvolvidos polo estudantado, ben en grupo, ben individualmente. Estes traballos poderán ser avaliados ben nas titorías de grupos reducidos, ben nas sesións de titoría personalizada.
Debate virtual Sesións de debate de duración puntual realizadas a través da plataforma virtual (Moodle).
Foro virtual Exposición, de xeito colectivo e aberto, de preguntas e dúbidas relacionadas coa materia e xustificación de respostas en avaliación continua durante todo o cuadrimestre a través da plataforma virtual (Moodle).
Proba obxectiva Proba escrita mediante a que se valorarán os coñecementos adquiridos polo estudantado. Agárdase que se amosen tanto os coñecementos a nivel teórico, mediante a resposta a preguntas similares ás expostas nas clases maxistrais e nos debates virtuais, como os coñecementos aplicados, mediante a resolución de exercicios e problemas similares aos propostos nas prácticas de laboratorio e traballos tutelados.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes