Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Aseguramento da Calidade
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A25 A28 B1 B2 B3 B7 C1 Valorarase:
- Documentación achegada para cada práctica.
- Nivel técnico de cada práctica.
- Completitude e claridade de cada práctica.
- Dominio dos coñecementos adquiridos.
- Participación activa en cada práctica.

A Práctica 1 suporá o 40% da materia.
A Práctica 2 suporá o 20% da materia.
60
Presentación oral B1 B2 B3 B7 C1 Este epígrafe valorarase conxuntamente co epígrafe de prácticas, posto que é a exposición das prácticas 1 e 2. Concretamente, prestarase especial atención a:
- Completitude, claridade e axeitada exposición das prácticas.
- Defensa do traballo realizado ante preguntas efectuadas nos actos de presentación oral.
0
Proba obxectiva A25 A28 B1 B3 B7 C1 Dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da materia a través dun exame escrito individual. A parte teórica da proba supón o 40% desta. A parte práctica supoñerá o 60% restante. 40
 
Observacións avaliación

O obxectivo da avaliación é constatar que os alumnos posúen as competencias fundamentais necesarias e realizarase en tres momentos temporais distintos:

- Unha vez finalizada a
Práctica 1, mediante a súa presentación e defensa en grupo e
individualizada.

- Unha vez finalizada a
Práctica 2, mediante a súa presentación e defensa en grupo e
individualizada.


- Ao
finalizar o curso, mediante un exame escrito individual, que conterá unha parte
teórica e unha parte práctica.

A nota final de cada
alumno obterase segundo o indicado a continuación:


-
Exame escrito individual: 40% (correspondendo o 40% á parte teórica e o 60% á
parte práctica).


-
Práctica 1: 40%.


-
Práctica 2: 20%.

Para aprobar a materia é
preciso obter unha puntuación global mínima de 5 puntos sobre 10 e cumprir as
seguintes restricións:


- É
necesario ter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na Práctica 1.


- É
necesario ter un mínimo de 5 puntos sobre 10 (sumando parte teórica e práctica
segundo as porcentaxes indicadas) no exame escrito individual.


- Non
será necesario que os alumnos aproben a Práctica 2 para aprobar a materia,
aínda que é altamente aconsellable.


En
caso de que non se cumprise algún mínimo dos anteriores e a nota final
calculada como se indicou superase o 4.0, a nota que figurará para a materia
será un 4.0.

Aspectos a ter en conta:


- Os
grupos de alumnos para realizar as prácticas formaranse baixo as directrices
dos profesores.


- A
exposición e defensa das prácticas será pública en horario oficial da materia e
a estes actos deberán asistir todos os alumnos que teñan o devandito horario,
que poderán facer preguntas, comentarios ou suxestións. Neste acto asignarase
un tempo para que falen todos os membros do grupo e outro tempo para preguntas,
críticas, comentarios e/ou suxestións do profesor e do resto de alumnos.


- Na
avaliación das prácticas valorarase basicamente o nivel técnico do traballo e a completitude,
claridade e exposición deste.


- A
nota asignada ás prácticas inicialmente será a que reciban todos os membros do
grupo que a defendan, sen prexuízo de modificación sobre a base da
participación activa individual de cada un.

Os alumnos que non
superen a materia terán que demostrar a correcta adquisición das competencias
fundamentais desta mediante a realización dun novo exame suxeito ás restricións
indicadas anteriormente. Ademais, aqueles alumnos que non superasen a Práctica 1 deberán refacela
(previa comunicación aos profesores da materia) ata que esta cumpra cos requisitos mínimos
esixidos, sendo entregada para a súa avaliación por parte dos profesores e
defensa con data límite segundo o acordo alcanzado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes