Guía DocenteCurso
Facultade de Informática
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Enxeñaría Informática
 Asignaturas
  Calidade na Xestion TIC
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Calidade na Xestion TIC Código 614G01046
Titulación
Grao en Enxeñaría Informática
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Optativa 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Enxeñaría de Computadores
Coordinación
Enes Álvarez, Jonatan
Correo electrónico
jonatan.enes@udc.es
Profesorado
Enes Álvarez, Jonatan
Correo electrónico
jonatan.enes@udc.es
Web
Descrición xeral Introdución á xestión de servizos TIC dentro do contorno dunha organización. Prestarase especial atención ás recomendacións ITIL.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos - Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen - Todas as metodoloxías docentes serán modificadas para adaptalas á modalidade docente non presencial. Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral: Para a exposición dos contidos da materia, substituirase a clase de teoría presencial na aula por videoconferencia (en directo, gravada e compartida cos estudantes). - Prácticas de laboratorio: As prácticas pasarán a realizarse de maneira virtual mediante Teams. - Estudo de casos: A explicación do problema proposto realizarase de forma virtual ou cun vídeo gravado. - Proba obxectiva: Substituirase a proba obxectiva de avaliación dos contidos teóricos da materia por cuestionarios Moodle. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Utilizaranse as ferramentas Email, Moodle, Microsoft Teams e Microsoft Stream coa temporización indicada a continuación. - Email: Medio principal de interacción cos estudantes. Uso deste medio diariamente, e baixo demanda segundo as necesidades docentes ao longo do cuadrimestre. - Moodle: Medio principal de compartición de materiais docentes da materia (transparencias, enunciados das prácticas de laboratorio, gravacións das sesións maxistrais, ...), e de comunicación de noticias durante o curso. Uso deste medio baixo demanda segundo as necesidades docentes ao longo do cuadrimestre. - Microsoft Teams: Medio utilizado para realización de videoconferencias nas que se imparten os contidos teóricos da materia, para gravación das devanditas videoconferencias, para a asistencia aos estudantes durante a realización das prácticas, e para realización de titorías en liña. Dispoñibilidade nos horarios oficiais de prácticas e teoría. Tamén baixo demanda en función das necesidades dos estudantes. - Microsoft Stream: Medio utilizado para distribución das gravacións das videoconferencias realizadas con Microsoft Teams. 4. Modificacións na avaliación: + Ningunha modificación 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía - Non se realizarán cambios na bibliografía recomendada.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes