É necesario superar tanto o exame escrito como cada unha das probas prácticas (traballos tutelados) para poder aprobar esta asignatura.
Considero que dúas cuestións básicas que un futuro comunicador debe ter perfectamente asentadas son as seguintes:
- debe saber explicarse con claridade -tanto nun soporte escrito como de xeito oral-, construíndo frases correctas dende un punto de vista sintáctico e semántico.
- debe ser quen de redactar sen faltas de ortografía.
Por estes dous motivos os alumnos deberán facer exposicións orais dos exercicios prácticos que realicen ao longo da asignatura. A presentación terase en conta na avaliación final das prácticas. Así mesmo, o exame non será tipo test, senón que será necesario redactar e razoar cada unha das respostas.
As faltas de acentuación ou calquera outro tipo de erro ortográfico poderá invalidar o exame (só se aceptará un máximo de dúas tildes mal colocadas ou inexistentes. Non se tolerarán faltas ortográficas graves).