Green Campus1. A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia: - Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.
- A entrega realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.
- De se realizar en papel:
- Non se empregarán plásticos.
- Realizaranse impresións a dobre cara.
- Empregarase papel reciclado.
- Evitarase a impresión de borradores.
2. Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural. 3.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados
cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. 4. Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os
sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas…). 5.
Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores
de respecto e igualdade. 6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas. 7.
Facilitarase a plena integración do alumnado que por razóns físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimente
dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida
universitaria. |