Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Debuxo de Contornas e Arte de Concepto
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Esta metodoloxía consiste na modalidade de exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de preguntas formuladas aos estudantes co fin de transmitir coñecemento e facilitar a aprendizaxe. No curso 2020/21 farase en liña na plataforma Teams.
Obradoiro Nesta segunda metodoloxía, o alumno participa activamente no proceso de aprendizaxe experimentando todos os coñecementos adquiridos.
Estudo de casos Un paso previo á experimentación práctica consistirá na análise de referencias: desde obras ata fluxos de traballo de artistas. A idea desta metodoloxía reside na adquisición de coñecementos teóricos a partir da súa detección nos casos existentes.
Portafolios do alumno Na data do exame final entregarase un portfolio do traballo da materia seguindo as indicacións indicadas en tempo e forma.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes