Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Comunicación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Creación Dixital, Animación e Videoxogos
 Asignaturas
  Efectos Especiais en Animación
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Portafolios do alumno B2 B3 B6 B7 B8 C3 C8 Traballo grupal na que se aplican os efectos aprendidos polos alumnos nunha pequena producción 3D. 50
Traballos tutelados B1 B5 B12 B13 C1 C4 C9 Demo reel individual con todoslos efectos especiaies realizados polo alumno. 40
Presentación oral B4 B5 B11 Presentación do proceso de realización do portfolio. 10
 
Observacións avaliación

As datas de entrega e os criterios de avaliación que se desenvolverán en cada proba notificaranse previamente en clase e publicaranse no Campus Virtual ao longo do cuadrimestre. 

O alumnado que se atope en modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas nas datas sinaladas. As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables e o traballo final foron deseñados para abarcar o maior grao de inclusión posible. Se fose necesario e sempre baixo petición previa do alumnado; realizaranse as adaptacións necesarias para non prexudicar a cualificación do alumnado. 

As sesións expositivas, os talleres, as probas avaliables e o traballo final foron deseñados para garantir o aprendizaxe autonómo non presencial; por tanto o alumnado que se atope en situación de dispensa académica terá a obrigación de realizar todas as probas e entregalas durante os períodos de tempo sinalados.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade serán os mesmos que os requeridos na primeira oportunidade.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes