Teaching GuideTerm
Faculty of Economics and Business
  Home | galego | castellano | english | A A |  

Aulas

Aulas de Docencia.

A Facultade dispón dun total de 22 aulas de docencia:

Andar baixo: aulas 0.3, 0.4 (aula Guitián), 0.5 (aula Bóveda) e 0.6 (aula Barreiros).

Primeiro andar: aulas 1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 1.5, 1.6 e 1.7

aulas POP (1º andar): POP-1, POP-2, POP-3 e POP-4

Segundo andar: aulas 2.1, 2.2, 2.3, 2.4, 2.5, 2.6 e 2.7

Aulas para docencia interactiva: 2.8 a 2.1.

Aulas de Exame:

O Centro non dispón de aulas de exame, polo que os exames realizaranse, de xeito principal, nas aulas de docencia ou ben no Salón de Actos (aula Magna) sito no andar baixo.

Aulas de informática e aulas Net .

Existe un aula-net no andar baixo, ao carón da Conserxaría e unha aula 

auxiliar (aula 3) , e dúas aulas de informática xunto ás anteriores que 

son as aulas 2 e 4. Asemade hai dúas aulas de informática no corredor de 

aulas do andar baixo (aulas 0.1 e 0.2) onde se imparte docencia de 

diversas materias das titulacións do Centro.

Horario (aula-net): das 10.00 ás 14:00 horas e 16:00 ás 20.00 horas.

Un carro con 20 equipos portátiles pode ser usado na docencia práctica.

Persoal. 2 bolseiros son os encargados do control das aulas.

Usos: Internet, navegar pola rede e correo electrónico. Os ordenadores 

dispoñen de sistema operativo Microsoft Windows e diversos programas, 

entre eles as suites ofimáticas Microsot Office e OpenOffice, Adobe 

Reader e Winzip. Tamén teñen programas específicos usados en diversas 

materias da titulacións (programas de contabilidade, matemáticas, 

estatística e econometría).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes