Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Principios de Microeconomía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A5 A9 A12 B2 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas suscitadas nas sesións ineteractivas 1
Estudo de casos A6 A10 B3 C3 Valoraranse as solucións propostas polos alumnos á resolución dos casos suscitados 1
Proba mixta C5 C7 Durante o período lectivo realizaranse probas (poderán consistir en preguntas conceptuais, de razoamenteo, resolución de exercicios e/ou casos, etc ) que conformarán a avaliación continua para acadar o 100% da cualificación da 1ª oportunidade. Non hai exame final.
Os criterios de avaliación para a segunda oportunidade consisten nun exame de toda a temática da asignatura (poderán incluirse preguntas conceptuais, de razoamento, resolución de exercicios e/ou casos, etc) que posibilitarán aos alumnos acadar o 100% da cualificación.
97
Discusión dirixida A13 B9 Valoraranse as respostas ofrecidas polos alumnos ás cuestións prácticas e teóricas suscitadas nas sesións ineteractivas 1
 
Observacións avaliación

Non presentado: Con respecto á cualificación de non presentado e seguindo a normativa aprobada pola Xunta de Facultade, só serán cualificados con Non Presentados as persoas que unicamente se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final.

 

O criterio de avaliación da segunda oportunidade: Exame de toda a temática da asignatura (no que poderá incluirse preguntas conceptuais, cuestións de razoamento, resolución de problemas e/ou casos, etc.) con posibilidade de acadar o 100% da cualificación.

 

Convocatoria adiantada-. Se houbese un alumno que queira presentarse á convocatoria adiantada de decembro, para superar esta materia aplicaránselle os mesmos criterios que na segunda oportunidade.

 

 

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: ainda que estean exentos de asistencia, serán evaluados cos mesmos criterios que os alumnos a tempo completo.

 

Condicións de avaliación: seguindo a normativa aprobada pola Xunta do Centro, está prohibido acceder á aula na que se desenvolvan as distintas probas de avaliación con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

 

Identificación do estudante: o estudante debe acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa.

 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes