Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Política Económica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Utilizaranse referencias documentais de todo tipo que axuden aos obxectivos do curso. Servirán tanto para afianzar coñecementos teóricos coma para a realización de actividades de obradoiro.
Lecturas En cada tema poderase facilitar ao alumno algún documento que sirva de referencia a través da súa lectura para afondar nos contidos teóricos da materia. A devandita documentación tamén poderá empregarse como material de apoio para o resto de metodoloxías de natureza máis práctica

Sesión maxistral Explícanse os aspectos fundamentais da materia

Obradoiro Realizaranse diferentes actividades que requiren a participación activa do alumnado. Valorarase a capacidade de análise e de razoamento do alumno afondando nos contidos propios da materia. En canto a traballo específico do alumno, propoñeranse preguntas de resposta breve para valorar o grao de aprendizaxe e a capacidade de síntese, tamén se formularán preguntas de resposta ampla relacionadas con aspectos da materia habitualmente con referencia a un texto, un gráfico, unha noticia, etc. e no seu caso tamén poden formularse preguntas para cuxa resposta o alumno deberá elixir unha das opcións formuladas no enunciado. Parte desta metodoloxía desenvolverase nas clases de grupo reducido
Proba obxectiva Ao final do curso realizarase unha proba escrita. Con ela preténdese realizar unha valoración global obxectiva dos coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso e da súa capacidade de razoamento
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes