Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Macroeconomía
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As actividades docentes do curso incluirán clases maxistrais. A asistencia, aínda que non obrigatoria, considérase de fundamental importancia para a aprendizaxe da materia.
Aprendizaxe colaborativa Realizaranse actividades en grupo en clase co fin de mellorar a comprensión dos coñecementos teóricos da materia.
Traballos tutelados Propóñense durante o curso uns traballos tutelados que teñen estreita relación con cada un dos temas que se explican nas sesións maxistrais, e que contribúen á súa comprensión.
Proba de ensaio A proba final está deseñada para avaliar os coñecementos alcanzados polo alumno na preparación da materia. Os coñecementos teóricos e os desenvolvementos matemáticos e gráficos serán avaliados mediante preguntas abertas.
Proba de resposta múltiple Para a superación do curso, será necesario aprobar un test de resposta múltiple, tal e como se especifica no apartado de avaliación da guía.
Proba de resposta breve Durante o curso realizaranse probas de respostas breves relacionadas cos temas de estudo para avaliar de forma continua a aprendizaxe.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes