Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Organización Industrial Europea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A6 A9 A10 B3 B2 C1 Avaliación continua: Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente ao aprendizaxe do “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe. Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor. Alternativamente, esta avaliación continua poderá ser avaliada mediante a realización dun MOOC ou dun proxecto de aprendizaxe-servizo 30
Proba mixta A2 A6 A12 B4 B10 Exame final: Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. 70
 
Observacións avaliación

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa academica de exención de asistencia: Na primeira e segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiránse dacordo á realización dunha proba mixta cun peso do cen por cento sobre a cualificación. Consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas nas que os estudantes terán que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.


Os criterios e actividades de avaliación correspondentes á segunda oportunidade serán os mesmos que os establecidos para a primeira.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes