Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Economía
 Asignaturas
  Finanzas Internacionais
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición oral por parte do profesor, complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Solución de problemas Resolución de casos prácticos concretos a que esixe a aplicación dos coñecementos que se traballaron na aula
Estudo de casos Descrición dunha situación específica que expón un problema que ha de ser comprendido, valorado e resolto polo alumno a través dun proceso de discusión dirixido polo profesor
Lecturas Conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados na aula. Presentaranse en papel ou en soporte dixital. Informarase previamente ao estudante dos contidos que terá que traballar
Discusión dirixida Dinámica de grupo dirixida polo profesor
Proba mixta Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe que se realiza co obxectivo de avaliar coñecementos, capacidades e destrezas.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes