Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Administración e Dirección de Empresas
 Asignaturas
  Estatística e Introdución á Econometría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 A4 A6 A8 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 Cada estudante terá que resolver e entregar boletíns personalizados de problemas. O apartado de observacións de avaliación inclúe máis información sobre esta metodoloxía. 13
Proba obxectiva A3 A4 A6 A8 A10 A11 B2 B3 B4 B5 C1 C4 C6 C7 Ao longo do curso realizaranse dúas probas obxectivas, unha para a parte de Estatística e outra para a parte de Introdución á Econometría. O apartado de observacións de avaliación inclúe máis información sobre esta metodoloxía. 80
Traballos tutelados A8 A11 A12 B2 B3 B4 B5 B10 C1 C4 C6 C7 O alumnado deberá realizar e entregar un traballo en grupo, supervisado polos profesores. O apartado de observacións de avaliación inclúe máis información sobre esta metodoloxía. 7
 
Observacións avaliación

1) CONTEXTO XERAL DA AVALIACIÓN


A materia ten dous contidos ben diferenciados, Estatística e Introdución á Econometría. A cada parte correspóndelle o 50% da cualificación, e para aprobar a materia haberá que superar os requisitos de cualificación mínima en cada parte que se describen máis adiante.


A avaliación da materia será continua ao longo do cuadrimestre. De aí obterase o 100% da cualificación, de modo que non haberá exame final na primeira oportunidade.


2) DESAGREGACIÓN DA NOTA TOTAL


A cualificación final para o conxunto da materia obterase do seguinte modo:


2.1) Parte de Estatística:


- Solución de problemas de Estatística: dúas actividades que supoñerán o 10% da nota final (1 punto), e que hanse de entregar nas datas e forma que detallaranse no Moodle da materia.


- Proba obxectiva de Estatística, que combinará preguntas sobre aspectos teóricos e teórico-prácticos con exercicios desa parte. Esta proba supoñerá o 40% da nota final (4 puntos), e realizarase ao finalizar a docencia dos contidos de Estatística. O estudantado poderá repetir a proba ao final do período de clases. Se unha persoa preséntase nas dúas oportunidades, a cualificación que se usará no cálculo da nota final será a do segundo intento, con independencia de que sexa maior ou menor que a obtida no primeiro. Se só preséntase unha vez, a cualificación que se usará no cálculo da nota final será a dese único intento.


2.2) Parte de Introdución á Econometría:


- Solución de problemas de Introdución á Econometría: esta actividade supoñerá o 3% da nota final (0,3 puntos), e hase de entregar na data e forma que detallaranse no Moodle da materia.


- Traballo tutelado: un traballo aplicado, realizado en grupo, no que se combinará o aprendido nas sesións maxistrais e nas clases de taller e prácticas a través de TIC. Este traballo supoñerá o 7% da nota final (0,7 puntos), e hase de entregar na data e forma que detallaranse no Moodle da materia.


- Proba obxectiva de Introdución á Econometría, que combinará preguntas sobre aspectos teóricos e teórico-prácticos con exercicios desa parte. Esta proba supoñerá o 40% da nota final (4 puntos) e realizarase cara ao final do período de clases. O estudantado terá dúas oportunidades para realizar esta proba, e poderá presentarse a ambas. Se se presenta ás dúas, a cualificación que se usará no cálculo da nota final será a do segundo intento, con independencia de que sexa maior ou menor que a obtida no primeiro. Se só preséntase unha vez, a cualificación que se usará no cálculo da nota final será a dese único intento.


3) CUALIFICACIÓN DA PRIMEIRA OPORTUNIDADE


Ao acabar o período de clases o estudantado terá feito todas as actividades que computarán no cálculo da cualificación final na primeira oportunidade.


Só superarán a materia as persoas que cumpran os seguintes requisitos:


a) Obter unha puntuación de cinco puntos ou máis ao sumar as notas de todas as actividades realizadas.


b) Obter unha puntuación do 40% ou máis do peso de cada unha das dúas partes nas que se divide a materia. Así, para superar a materia é imprescindible obter unha puntuación de dous puntos ou máis nas actividades da parte de Estatística, e unha puntuación de dous puntos ou máis nas actividades da parte de Introdución á Econometría.


A cualificación que figurará na acta da primeira oportunidade será a suma das notas de todas as actividades realizadas ao longo do cuadrimestre, coas seguintes excepcións:


- As persoas cuxa nota total sexa igual ou superior a cinco puntos pero que teñan a materia suspensa por non obter unha puntuación mínima do 40% nalgunha das dúas partes, serán cualificados na acta da primeira oportunidade con 4,5 puntos.


- Tamén terán dita cualificación as persoas cuxa nota total non chegue aos cinco puntos pero sexa superior á 4,5.


4) CUALIFICACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE


4.1) Estudantes que non teñan unha nota mínima de 2,5 puntos en ningunha das dúas partes da materia:


Estas persoas terán que repetir as seguintes actividades na convocatoria de xullo:


- Proba obxectiva da parte de Estatística (40% da nota final, 4 puntos).


- Proba obxectiva da parte de Introdución á Econometría (40% da nota final, 4 puntos).


As dúas probas realizaranse o día e hora fixados pola Facultade de Economía e Empresa para o exame oficial da segunda oportunidade.


Nas demais actividades do curso manterase a nota obtida na primeira oportunidade, de modo que non se repetirán na convocatoria de xullo. En consecuencia, as actividades nas que mantense a nota da primeira oportunidade son:


- Solución de problemas da parte de Estatística (10% da nota final, 1 punto).


- Solución de problemas da parte de Introdución á Econometría (3% da nota final, 0,3 puntos).


- Traballo tutelado (7% da nota final, 0,7 puntos).


Se unha persoa que ten que repetir as dúas probas obxectivas, a de Estatística e a de Introdución á Econometría, só repite unha delas, considerarase que tamén fixo a outra e que a deixou en branco, co que será cualificada cun cero na proba que non fixo e terá a materia suspensa.


4.2) Estudantes que teñan unha nota mínima de 2,5 puntos nunha das dúas partes da materia:


Considerarase que estas persoas liberaron esa parte na primeira oportunidade, e por tanto tamén se lles manterá a cualificación da primeira oportunidade da correspondente proba obxectiva. En consecuencia, estas persoas terán que repetir as seguintes actividades na convocatoria de xullo:


- Proba obxectiva da parte cuxa nota na primeira oportunidade é inferior a 2,5 puntos (40% da nota final, 4 puntos).


Esta proba realizarase o día e hora fixados pola Facultade de Economía e Empresa para o exame oficial da segunda oportunidade.


Nas demais actividades do curso manterase a nota que obtivesen na primeira oportunidade, de modo que non se repetirán na convocatoria de xullo. En concreto, estas actividades son:


- Solución de problemas da parte de Estatística (10% da nota final, 1 punto).


- Solución de problemas da parte de Introdución á Econometría (3% da nota final, 0,3 puntos).


- Traballo tutelado (7% da nota final, 0,7 puntos).


- Proba obxectiva da parte cuxa nota na primeira oportunidade é igual ou superior a 2,5 puntos (40% da nota final, 4 puntos).


Os liberados dunha parte da materia unicamente son válidos para o curso actual. Se unha persoa que ten liberada unha parte na primeira oportunidade non consegue aprobar a materia na segunda oportunidade, a súa cualificación final será suspenso, e terá que repetir toda a materia nos seguintes cursos académicos.


Do mesmo xeito que na primeira oportunidade, a cualificación que figurará na acta será a suma das notas de todas as actividades que integran a cualificación final, coas seguintes excepcións:


- As persoas cuxa nota total sexa igual ou superior a cinco puntos pero que teñan a materia suspensa por non obter unha puntuación mínima do 40% nalgunha das dúas partes, serán cualificados na acta con 4,5 puntos.


- Tamén terán dita cualificación as persoas cuxa nota total non chegue aos cinco puntos pero sexa superior á 4,5.


5) SOBRE A FORMA DE REALIZAR E ENTREGAR AS ACTIVIDADES QUE COMPUTAN NA NOTA FINAL DA MATERIA


Para cada actividade que o estudantado deba realizar publicaranse unhas normas de entrega específicas no Moodle da materia, que detallarán os requisitos que debense cumprir para que se considere que a actividade foi realizada e entregada correctamente. O incumprimento deses requisitos significará que parte da actividade está mal realizada, supoñerá unha penalización da puntuación por defecto de forma, ou levará a considerar que a actividade non se entregou, dependendo do requisito concreto que non se satisfaga. Cada estudante será responsable de comprobar que o que vai entregar cumpre os requisitos pedidos antes de proceder á entrega definitiva.


Estas normas de entrega publicaranse en Moodle cun mínimo de catorce (14) días naturais antes da data límite de entrega da actividade correspondente.


6) CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO


Todas as persoas que se presentaron a actividades que supoñan un mínimo do 20% da nota final de cada oportunidade terán unha cualificación numérica nas actas oficiais. Seguindo a normativa aprobada pola Xunta da Facultade de Economía e Empresa, só serán cualificadas con Non Presentado as persoas que se presentaron a actividades que en conxunto supoñan menos do 20% da nota final desa oportunidade.


7) IDENTIFICACIÓN DO ALUMNADO


O profesorado encargado da realización dunha proba ou actividade de avaliación deberá ter constancia do alumnado que se presente á mesma. Para iso poderá requirir en calquera momento a identificación do estudante, quen deberá acreditala mediante a tarxeta de estudante da UDC, o documento nacional de identidade, ou un documento identificativo equivalente.


8) CUALIFICACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA


A cualificación determinarase mediante unha proba obxectiva que se celebrará na data que estableza o centro. A proba obxectiva cualificarase sobre un máximo de dez puntos, dos cales a parte de Estatística supoñerá un máximo de cinco puntos e a parte de Introdución á Econometría un máximo de cinco puntos. Para aprobar a materia será necesario cumprir os dous seguintes requisitos:


a) Unha cualificación total mínima de cinco puntos.


b) Unha cualificación mínima de dous puntos en cada unha das partes.


Estas condicións de avaliación son específicas para a oportunidade adiantada e só aplicaranse nese caso.


9) ALUMNADO CON RECOÑECEMENTO DE DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL E DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA


Aplicaránselle as mesmas normas de avaliación que ao estudantado matriculado a tempo completo, tanto na primeira oportunidade como na segunda. As persoas con recoñecemento de dedicación a tempo parcial están exentas da asistencia a clase, pero teñen a mesma obrigación de acudir a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes