Guía DocenteCurso Facultade de Economía e Empresa |
Grao en Administración e Dirección de Empresas |
Asignaturas |
Contabilidade Directiva |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Contabilidade Directiva | Código | 611G02032 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Solución de problemas | A1 A2 A3 A4 A5 A6 A8 A9 A10 A11 B1 B2 B3 B5 B6 B7 B8 C1 | Solución de casos prácticos, que poderán ser presentados oralmente. | 20 |
Sesión maxistral | A1 A3 A6 A8 A11 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B10 C4 C5 C6 C7 | Se puntuará a asistencia e participación na aula. | 20 |
Proba mixta | A1 A3 A6 A7 A8 A11 B1 B2 B7 C1 C8 | Exames teórico-prácticos, valorados conforme se explica nas observacións. | 60 |
Observacións avaliación | |||
Os cuestionarios de exame se redactarán inicialmente en castelán. Os alumnos que desexen un enunciado en galego deberán solicitalo con unha antelación mínima de 15 días.
Condicións de realización das probas mixtas: Está prohibido acceder a aula do exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior, ou almacenamento de información. As faltas de disciplina implicarán que o alumno deberá realizar oralmente as probas de avaliación. Os casos prácticos deberán ser entregados ao longo do curso, dentro dos prazos marcados polo profesor. Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando solo participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación non superior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación obtida. Probas mixtas A primeira proba (exame) avaliará os temas 1 a 3, e se realizará inmediatamente despois de completar eses temas (outubro ou novembro). A puntuación máxima será de 3 puntos. A segunda proba se corresponde co exame final, no que se avaliará toda a materia. A puntuación máxima será de 6 puntos. Os alumnos que aprobaran a primeira das probas obxectivas (un mínimo de 1,5 puntos sobre o máximo de 3 puntos) non estarán obrigados a examinarse dos temas xa superados. Así, se un alumno aprobou a primeira proba obxectiva, solo terá que examinarse obrigatoriamente dos temas 4 a 7 no exame de xaneiro. Na primeira oportunidade (xaneiro ou maio), os alumnos que non superaron o primeiro exame dos temas 1 a 3 so serán avaliados pola cualificación obtida no exame final. Na segunda oportunidade (xullo), os alumnos que non superaron o primeiro exame dos temas 1 a 3 serán avaliados pola maior das puntuacións acadadas nos exames da primeira e da segunda oportunidade. Os alumnos que superaron o primeiro exame dos temas 1 a 3 serán avaliados na primeira oportunidade pola maior das puntuacións acadadas nese exame, de presentarse na convocatoria oficial para subila nota acadada no primeiro exame. Estes alumnos, no seu caso, na segunda oportunidade (xullo) serán avaliados no exame dos temas 1 a 3 pola maior das 2 ou 3 notas acadadas ao longo do curso. No que respecta aos temas 4 a 7, valorase en un máximo de 3 puntos. Para aprobar a materia, requírese acadar nesta parte un mínimo de 1 punto. Para a segunda oportunidade, tomarase a mellor das dúas notas dos temas 4 a 7, sempre que se supere a nota mínima de 1 punto. De non superar a materia por esta causa, a cualificación en actas non recollerá as puntuacións das probas mixtas. Solución de problemas Poderán sumarse ata 2 puntos pola realización e/o presentación oral de prácticas individuais ou en grupo. Ao efecto, se deberán realizar e entregar no prazo establecido os cuestionarios propostos polo profesor. Entregados os cuestionarios, se realizarán dous exames, que poderán ser orais ou escritos, sobre o temario correspondente ao seu contido. O primeiro exame referirase aos temas 1 a 3. Acadarase una puntuación máxima de 1 punto, sempre que as prácticas correspondentes a esa parte tiñan sido cualificadas como Apto. O segundo exame referirase aos temas seguintes. Acadarase unha puntuación máxima de 1 punto, sempre que as prácticas correspondentes a esa parte tiñan sido cualificadas como Apto. Sesión maxistral A cualificación das sesións maxistrais (20% de la cualificación) esixirá unha asistencia mínima a clase do 70%. A avaliación en xullo aplica as mesmas normas, salvo que entren en contradición coa normativa xeral da UDC ou da Facultade de Economía e Empresa. Porem, os alumnos que suspendan na 1ª oportunidade non poderán acadar unha nota final na materia maior de 6 puntos (Aprobado) na 2ª oportunidade de xullo. Avaliación adiantada No caso de que ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada", e só neste caso, realizarase unha proba mixta oral e/ou escrita encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia. Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Agás para as datas aprobadas na Xunta de Facultade no que compete á proba obxectiva, para as restantes probas acordarase ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, motivo polo cal dito alumnado deberá poñerse en contacto co profesor da materia nos primeiros dez días do cuadrimestre en que a materia se imparte, coa finalidade de fixar o devandito calendario. As probas terán o mesmo formato que para os alumnos con dedicación a tempo completo. |
|