Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Contabilidade Financeira I
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A12 A14 A23 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C3 C7 C8 Valorarase, a través de presentacións orais ou pequenas probas escritas individuais realizadas na aula, a aprendizaxe fora da aula baseada na resolución dos exercicios e casos prácticos propostos polo profesor. 50
Proba de resposta múltiple B10 B11 B13 Durante o curso realizarase unha proba tipo test. O alumno que, por calquera razón, non realice a proba terá a cualificación de cero na mesma. 10
Proba obxectiva B10 B11 B13 A fin de curso, no día e hora fixados polo centro, realizarase un exame dos contidos teóricos e prácticos. 40
 
Observacións avaliación

A metodoloxía proposta
persigue dous obxectivos básicos: i) incentivar ao alumno para que traballe de
xeito continuado ao longo do curso e ii) fomentar a autonomía do estudante no
proceso de aprendizaxe. Con este fin, ao alumno pídeselle que:

a) Prepare, individualmente ou en
grupo, as cuestións e exercicios propostas polo profesor para a súa discusión na aula
.
Valórase, tanto o rigor nos argumentos utilizados, consecuencia da súa
preparación previa, como a habilidade para presentar e defender o seu punto de
vista fronte ao dos seus compañeiros. Por esta vía o alumno pode compensar con
ata 1 punto a cualificación total obtida coa avaliación continua (obradoiro e
proba de resposta múltiple), sen superar o máximo que corresponde a esta avaliación
(6 puntos).

b) Semanalmente realice os exercicios e
casos prácticos propostos polo profesor.
Recoméndase o traballo
en equipo para discutir as posible solucións. Ao inicio dunha das dúas sesións
de cada semana o profesor presentará aos alumnos un pequeno exercicio, similar
aos propostos para realizar fora da aula, que cada alumno deberá resolver de
xeito individual no
tempo marcado polo profesor
. Estes exercicios recolleranse e de
todos eles o profesor valorará catro, elixidos aleatoriamente ao rematar o
cuadrimestre. A valoración destes exercicios suporá o 40% de cualificación final.

c) Prepare, en grupo e seguindo as indicacións do profesor, un caso práctico para ser presentado na aula na data marcada polo profesor. Valorarase a dificultade do caso práctico elixido, o rigor na súa resolución e a súa presentación e defensa na aula. A valoración deste caso práctico representará o 10% da cualificación final.  

En canto ao exame
final e á cualificación na acta, lémbranse os seguintes acordos da Comisión
Permanente da Facultade de Economía e Empresa do 6 de xullo de 2011:

Cualificación
de non presentado.

Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que
teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con
independencia da cualificación acadada.

Condicións
de realización do exame final
.
Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación
co exterior e/ou o almacenamento de información.

Avaliación
da oportunidade de xullo.
Esta debe
realizarse cos mesmos criterios que os utilizados, no seu caso, na avaliación
do primeiro ou do segundo cuadrimestre.















Por último, no caso de que
ao alumno se lle conceda unha oportunidade de "avaliación adiantada",
e só nese caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as
competencias e contidos propios da materia. A valoración desta proba mixta representará o 100% da cualificación na acta.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes