Guía DocenteCurso
Facultade de Economía e Empresa
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias Empresariais
 Asignaturas
  Introdución á Econometría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A2 A4 A5 B3 B8 B10 B11 B12 C1 C2 C3 C6 Valorarase a presenza activa dos alumnos nestas clases, nas que deberán resolver e entregar os controis, problemas, exercicios e cuestións que lles sexan propostos, na forma que se detallará ao comezo do curso. Estas actividades computan na avaliación un máximo de 3 puntos sobre 10. 30
Proba obxectiva A1 B1 B2 B3 B4 B5 B9 A proba obxectiva para a avaliación da aprendizaxe combina preguntas conceptuais e de razoamento con outras de contido práctico coas que poden achegarse saídas de ordenador para a súa interpretación. Esta proba computará na avaliación ata un máximo de 7 puntos sobre 10. 70
 
Observacións avaliación







1) Para superar a materia han de obterse polo menos 5 puntos, cun mínimo de 2.5 na proba obxectiva. 2) O sistema de avaliación será aplicado, tal e como se describe no apartado anterior, en todas e cada unha das oportunidades e a todos os alumnos, con independencia da súa situación académica. 3) Os alumnos con dedicación parcial están exentos de asistencia excepto nas datas de realización das probas de avaliación. 4) A cualificación de non presentado corresponde unicamente ao alumnado que participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20 por cento da cualificación total. 5) Como é preceptivo, as probas de avaliación rexeranse pola normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario (https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf). Recoméndase prestar especial atención aos artigos 10 (Identificación dos estudantes) e 14 (Comisión de fraude e responsabilidades disciplinarias).

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes