Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
 Asignaturas
  Habilidades atléticas e a súa didáctica
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Habilidades atléticas e a súa didáctica Código 620G01006
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 6
Idioma
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Hornillos Baz, Isidoro
Correo electrónico
isidoro.baz@udc.es
Profesorado
Hornillos Baz, Isidoro
Rivas Feal, Antonio
Correo electrónico
isidoro.baz@udc.es
antonio.rivas@udc.es
Web
Descrición xeral A materia "Habilidades atléticas e a súa didáctica" esta incluida no módulo Fundamentos dos Deportes no plano de estudos de graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Partindo da natureza do devandito módulo pódese definir dun xeito mais específico como o "coñecemento das habilidades motrices atléticas básicas como conductas pisomotrices e os seus contidos como recursos didácticos en Educación Física e iniciación. Fundamentos técnico, tácticos e didácticos";.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Ante un posible novo confinamento, non se modificaran os contidos teóricos. Pero, as sesións prácticas das diferentes especialidades atléticas, no suposto de non poder realizalas, serán cambiadas por un traballo individual contínuo sobre a análise de exercicios didácticos amosados en vídeos que terán que aportar os/as alumnos/as. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Actividades iniciais Análise de fontes documentais Sesión maxistral Traballos tutelados Discusión dirixida Proba teórica, non práctica. *Metodoloxías docentes que se modifican. - Eventos científicos e/o divulgativos As sesións prácticas das diferentes especialidades atléticas, no suposto de non poder realizalas, serán cambiadas por un traballo individual tutelado sobre a análise de exercicios didácticos amosados en vídeos 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado • Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. • Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolas “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia. • Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. De 1 a 2 sesións semanais (ou mais segundo o demande o alumnado). Asemade, en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia. 4. Modificaciones da evaliación. Práctica da actividad física. As sesións prácticas das diferentes especialidades atléticas, no suposto de non poder realizalas, serán cambiadas por un traballo tutelado continuo individual sobre a análise de exercicios didácticos procedentes de vídeos que terán que aportar os/as alumnos/as e que representará un porcentaxe do 60% de avaliación total. Ante un posible novo confinamento, no suposto de non poder facerse o examen presencial, en cualquera oportunidade, farase a través de Moddle. O profesor reservase o dereito de poder facer unha evaluación oral a través da plataforma Team, acompañada dunha grabación da sesión de cada alumno/a. O porcentaje será dun 40% en relación á calificación global. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Non se realizarán cambios, xa que dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes