Descrición xeral |
O corpo docente da materia do Máster está integrado por profesorado da U do Minho e da UDC. As linguas nas que se imparte son o español, galego e portugués.
A presente UC proponse profundar no espazo construído, o cal forma parte substancial do feito urbano. Un conglomerado de inmobles levantados en distintas épocas e condicións que obxecto de substitución, rehabilitación ou renovación conforme aos criterios de sustentabilidade social, económica e
enerxética, están presentes en todo o proceso urbano.
O conxunto edificado abórdase dun modo holístico, que integra aos elementos singularizados polos seus valores culturais e ambientais, xunto co resto do tecido construído. Considerados na súa totalidade, dan conta da evolución da cidade, identificando os barrios e as cidades pola paisaxe urbana forxada ao longo do tempo. Esta abordaxe permite adoptar criterios coherentes de substitución, rehabilitación e renovación urbana, a partir de datos obxectivos, extraídos da avaliación do mencionado conxunto edificado, así como do estudo da vida útil dos edificios resultantes das intervencións.
As aproximacións instrumentais realízanse mediante a aplicación dos indicadores contidos nos mecanismos de avaliación sostibles aos tecidos existentes, tomados como modelos de traballo e casos de estudo. |