Curso inicial dos estudos da Escola de Arquitectura, o primeiro cuadrimestre da carreira
quere iniciar a formación da/o futura/o arquitecta/o atendendo dende os momentos
iniciais, ó triple soporte reflexivo, proxectivo e construtivo do feito
arquitectónico.
Dentro del, Introdución á Arquitectura é a única materia obrigatoria dentro do bloque proxectual e é a encargada de espertar ou de acrecentar o interese pola Arquitectura e pola súa razón de ser, aproximándose ó seu concepto dende a teoría e dende a historia e fomentando a capacidade analítica, o sentido crítico e o desenvolvemento lóxico do alumnado no amplo campo que vai da cidade ao deseño elemental, como territorio propio da arquitectura.
(*) La Guía Docente es el documento donde se visualiza la propuesta académica de la UDC. Este documento es público y no se puede modificar, salvo cosas excepcionales bajo la revisión del órgano competente de acuerdo a la normativa vigente que establece el proceso de elaboración de guías