Descrición xeral |
O programa da Escola Superior de Arquitectura de A Coruña recolle, en 5º curso, a materia de Teoría da Composición e Patrimonio asignada ó departamento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición, sendo compartida por dúas seccións departamentais: Proxectos Arquitectónicos e Composición Arquitectónica. En consecuencia, na asignatura converxen dúas singularidades disciplinares, centradas cada unha delas en aspectos que se complementan, pero que son diferentes. Á súa vez, esta asignación enténdese como ferramenta de reforzo de intensidade programática de ambas seccións pero, sobre todo, resulta unha resposta para as prácticas de caracterización e situación da nosa rica e ampla arquitectura edificada, urbana e territorial que aporta ao imaxinario colectivo do país galego unha realidade insustituíble nos procesos e experiencias indentitarias no coñecemento da disciplina e, por tanto, na formación dos alumnos da escola galega de Arquitectura.
Estes procesos son tamén imprescindibles para profundizar na comprensión cultural e identitaria do Estado das Autonomías e da Historia da Humanidade, como documentan e certifican os inmobles edificados urbanos e territoriais que son parte do listado de Patrimonio Mundial da UNESCO e do rexistro de Bens Culturais do Estado Español e de Galicia.
A intención desta materia é a de apuntar información, coñecementos, criterios, materiais e técnicas imprescindibles para as prácticas encamiñadas á Conservación e Restauración (tal como se veñen sistematizando fundamentalmente dende o século XVIII ata agora), en clara convivencia coas normativas xurídicas e administrativas que cautelan as actuacións que se levan a cabo dentro do marco do noso estado de dereito social e democrático a través da Constitución, os Estatutos de Autonomía e os tratados internacionais, que fan referencia ás obrigas de acceso, protección e conservación do patrimonio cultural arquitectónico edificado, urbano e territorial caracterizado como tal.
Aquela asignatura (Teoría da Composición e Patrimonio) remata a súa vixencia no próximo curso e é substituida por estas dúas : "Intervención no Patrimonio Europeo" e "Teoría da intervención contemporánea".
No que corresponde a asignatura de Intervención no Patrimonio Europeo e tendo en conta que o concepto de Patrimonio Cultural e Conservación do Patrimonio Cultural son dúas conquistas culturais de longo percorrido e configuración na Cultura Europa e en xeral na Occidental. A escola de Arquitectura da Coruña no seu programa académico incorpora con esta asignatura o desenrolo máis específico da conservación e restauración do Patrimonio Arquitectónico dende a perspectiva dos Bens de Interese Cultural, dende o comezo da sistematización e da comprensión e conservación, dende mediados do seculo XIX ata os nosos días.
Esta significación do Patrimonio e a súa conservación marcarase desde as prespectivas lexislativas-administrativas seguintes:
- O Patrimonio mundial, o Patrimonio Europeo, o Patrimonio autonómico ou rexional.
As clases teóricas desenrolaranse en tres grandes áreas culturais, escolas ou tendencias: O concepto de Patrimonio e as practicas de conservación e restauración dende a cultura anglosaxona, a cultura francesa, a cultura centroeuropea, a cultura italiana e aquelas culturas vencelladas a area mediterránea, España, Portugal, Grecia; que xustifica o título da asignatura: INTERVENCIÓN NO PATRIMONIO EUROPEO (desde o concepto ou idea de Patrimonio Arquitectónico, Urbano e Territorial de Interese Cultural. |