Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Tecnoloxías Mariñas
 Asignaturas
  Redes e Comunicacións
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Prácticas a través de TIC
Solución de problemas
Descrición
Sesión maxistral: Atender e resolver dúbidas do alumno en relación á materia teórica exposta nas sesións maxistrais.

Solución de problemas: Atender e resolver as dúbidas do alumno relacionadas cos problemas resoltos en clase.

Prácticas de laboratorio: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación ás prácticas propostas ou realizadas no laboratorio.

Prácticas a través de TIC: Atender e resolver dúbidas do alumnado en relación ás prácticas propostas ou realizadas a través de TIC.

Atención personalizada: En relación ás clases de teoría e de resolución de problemas, usaranse preferentemente horas de titoría de forma individualizada. As titorías poderán ser presenciais ou non presenciais (por Teams).

En relación ás clases prácticas, usaranse preferentemente horas de titoría de forma individualizada, sendo tamén posible o uso do correo electrónico. As titorías poderán ser presenciais ou non presenciais (por Teams).
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes